Por que o galego ten a normativa que ten? Cal foi a transcendencia de
Filgueira Valverde nese proceso de normativización do idioma? Esas son
as dúas cuestións que o documental da AGAL (Associaçom Galega da Língua)
e dirixido por Ozo Perozo intenta responder neste documental de media
hora de duración e destinado fundamentalmente ao ensino secundario.
Decreto Filgueira
relata os acontecementos que precederon a aprobación da normativa en
vigor en 1982 e fai tamén un repaso histórico da normativización da
lingua galega. Lembra, ademais, como as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego
(ILG-RAG) "nem foram as primeiras normas oficiais, nem contárom com o
apoio de importantes setores da cultura galega, que debatia intensamente
sobre qual havia de ser a orientaçom ortográfica do galego desde o
início dos anos 70", tal e como explica o equipo da fita.
Así, o documental repasa os diferentes posicionamentos
lingüísticos e as formulacións normativas que cada un deles xerou desde
que en 1970 Carvalho Calero sacara as primeiras Normas Ortográficas do Idioma Galega da Real Academia Galega
e que forn asumidas como proias polo mundo de Galaxia. E explica tamén
as discusións, debates e mesmo negociacións entre duas propostas
"dissidentes que acabariam por tornar-se irreconciliáveis": a
autonomista, aglutinada arredor do Instituto da Lingua Galega (ILG) e a
reintegraconista, que se foi nucleando arredor do propio Carvalho
Calero, que a cada paso asumía posturas máis lusistas.
Explica tamén como comezados os anos 80, a Xunta oficializaba uhas normas que pretendían o consenso e que partían dunha orientación converxente co portugués.
Carvalho Calero presidía aquela Comisión de Lingüística da Xunta, pero
en 1982 unhas novas normas que viraban a orientación anterior relegaban
as do vello catedrático. Foi Filgueira Valverde quen oficializou esta
nova normativa coa súa sinatura. O autor ao que este ano se lle dedica o
Día das Letras fora membro da anterior Comisión de Lingüística da
Xunta. A reviravolta deu lugar a un dos lustros de maior polémica e
tensión este debate normativo.
É un intento por facer comprensible o debate, sobre todo para aqueles
que o descoñecen e para o alumnado de Secundaria, de aí que incúa vídeos
de animación e entrevistas que contextualizan os feitos.
Fonte: Praza pública
Ningún comentario:
Publicar un comentario