Lingua Galega e Literatura 2º Bac.
sábado, 10 de decembro de 2016
Lembranza de Castelao (Xan Leira)
Neste vídeo podedes facer un percorrido polo Castelao político a través de moitas persoas que o coñeceron e trataron con el
venres, 1 de xaneiro de 2016
O galego no século XXI: Alarma cos datos do IGE
Nos últimos meses do ano 2014 apareceron os resultados da enquisa elaborada polo IGE (Instituto Galego de Estatística). Calquera que faga sociolingüística de orella xa estaba preparado para recibir esta información, é dicir, que non nos colleu de sorpresa, o que non quere dicir que non nos doia.
Saen as primeiras noticias a mediados de outubro dando conta dos datos xerais. Tanto o xornal Sermos Galiza, coma O xornal Praza pública dan a noticia de que a poboación monolingüe en galego xa non é maioritaria en Galicia. Os datos anuncian que o uso habitual do galego cae 13 puntos entre 2001 e 2011. O IGE deixa á vista que, por primeira vez, as persoas que din falar "sempre" galego xa non son maioría. No anterior estudo o 57% da poboación do país tiña o galego como lingua de uso cotián. Mentres, o 30% sinalaba que o empregaba "ás veces" e o 13%, nunca. Unha década despois os falantes habituais de galego pasan de achegarse ao 60% a non acadar nin o 45%. Concretamente, quen usan "sempre" o idioma propio de Galicia son o 44% do total, mentres que o fala "ás veces" o 45% da poboación e "nunca" o 11%.
Pero os peores datos estaban por chegar. Ao publicárense os datos por franxas de idade, a principios de decembro, saltaron as alarmas ao quedar á vista que 3 de cada 4 menores de 15 anos non falan galego (non o usan "nunca" ou "case nunca". Nunha pequena reportaxe en V televisión déixano claro xa no titular:
A información dos datos polo miúdo pode lerse en El País. Neste mesmo xornal,
Xosé Manuel Pereiro daba conta de como a situación do galego "encendía todas as alarmas" a través dunha reportaxe na que achega datos e voces de estudosos desta cuestión. Neste mesmo día e neste mesmo xornal fanlle unha entrevista ao Secretario Xeral de Política Lingüística e non ten desperdicio: a culpa é dos do IGE que non atoparon os galegofalantes!! Onde estabades metidos/as? a ver...
Polo seu lado, o presidente da RAG faille recomendacións ao presidente do goberno para que free a caída, pero este só bota balóns fóra e argumenta que a súa política lingüística non influíu nos malos resultados, e estes só se poden achacar.... ás familias!. O líder da oposición argumenta que nin Franco conseguiu tanto coma el en tan pouco tempo.
Comezan os artigos de opinión: Domínguez Alberte, profesor de lingua galega e literatura e tamén escritor, opina sobre a necesidade de volver ao PXNL; a secretaria d'A Mesa, Susana Díaz, fala de Lingua, realidade e datos. O politólogo Barreiro Rivas elabora un controvertido artigo titulado: Donde está el error del gallego? arredor do que moitos especialistas protestan porque semella que presenta as vítimas como culpables. Finalmente, a profesora da UDC e escritora, Mª Pilar García Negro, opina que "a culpa é do galego, por existir"
O hábitat sempre tivo, e segue a ter, importancia. Os usos do galego en Rianxo caeron moito nos últimos anos, pero como partiamos dunha situación idílica (sobre todo se comparamos co resto da comarca do Barbanza) aínda estamos lonxe do que pasa nas cidades. E senón que llo pregunten a Aldara Betanzos, cuxo testemuño quedou reflectido nun artigo publicado na revista Bico da ría: "">Heroínas da nosa lingua"

luns, 26 de outubro de 2015
Linguas e acentos
Déixovos un artigo que o profesor Ángel Carracedo publicou no xornal La Voz de Galicia o pasado sábado 25 de outubro de 2015.
Unha das
cousas que máis me divirten nas reunións internacionais onde están
representados moitos países é pescudar polo acento de que país son os que falan
e isto, en xeral, é fácil en Europa. Italianos, gregos, alemáns, franceses,
noruegueses, portugueses ou de calquera país, todos levan no acento un sinal de
identidade que, por moi perfecto que for o seu inglés, delata a súa orixe sen
problema. En países con diferenzas rexionais importantes como o Reino Unido,
igual que aquí cando o que fala é español, con dúas palabras que diga sabemos
se é vasco, galego, catalán, andaluz ou canario, se coñeces ben o país do
orador, ata podes pescudar de onde é exactamente. Na maioría dos países hai
máis linguas e acentos do que pensamos e a min esta diversidade lingüística e
fonética encántame, e creo que é un valor cultural que debemos preservar custe
o que custe.
Aquí,
como tantos de nós, emprego indistintamente as miñas linguas paterna e materna,
o galego e o castelán, e as miñas charlas divulgativas en Galicia sempre as dou
en galego, como é natural. No resto de España falo en castelán e na maior parte
das reunións e conferencias emprego o inglés, que é a lingua da ciencia. Por
iso practicamente todo o que escribo fágoo nese idioma, que utilizo acotío. En
Francia intento recuperar o meu enferruxado francés nas miñas charlas, porque
son tan chauvinistas que gañas xa o auditorio só con intentalo. En Brasil e
Portugal emprego o galego con algunha palabra de cortesía en portugués e en
Italia sempre lles pregunto antes da conferencia se queren que lles fale en
inglés ou no meu itañolo e, como teñen tantas dificultades co inglés coma nós,
sempre me responden que en itañolo, que é unha mestura que comeza sendo un 70 %
italiano e acaba sendo unha mestura a partes iguais de galego, castelán e
italiano que lles fai moita graza e non teñen problemas para entender.
Pero
todas estas linguas as falo co único acento que teño, que é o galego, e envexo o
meu amigo Xavier Alcalá, quen, ademais de falar varios idiomas, imita calquera
acento, e o meu fillo Guille cando fala portugués ou a miña filla Mar, que pode
imitar ata o acento australiano cando fala inglés.
Mesturar
tantas linguas leva inevitablemente a malentendidos. Xa de nenos
desconcertabamos na casa á miña nai, vallisoletana, cando ao rematar de xantar
diciamos «que ben comín!», e ela preguntábanos invariablemente cando, xa que
deberiamos dicir «que ben comín!». Sempre lembro cando de cativo en Castela fun
buscar leite á tenda que non era e como, claro, non a tiñan, preguntei «e
logo?». E a resposta do empregado, «logo, tampouco», pareceume moi maleducada,
porque mentres para nós «e logo?» é «e por que?», para eles é «e despois?».
E é que
hai tamén palabras con significados contraditorios noutros idiomas que xa me
poderían explicar os lingüistas por que evolucionaron de modo tan distinto.
Así, como os galegos en xeral sabemos, se te convidan a comer en Portugal ou
Brasil non podes dicir que a comida é «exquisita» porque alí iso significa
«malo e raro» e pódense ofender; en cambio, se dis «espantoso», quedas de
marabilla, porque significa «xenial». En moitos países de Latinoamérica xa non
sei como substituír a palabra «coger», e inevitablemente «cojo» autobuses,
bolígrafos, persoas e gripes, e esmendréllanse de risa con algunhas das cousas
que somos quen de coller.
Pero onde máis vergoña pasei, e aínda me poño rubio ao lembralo, foi
hai xa anos cunha amiga inglesa que nos veu visitar e coa que me puxen a xogar
ao tenis de mesa. Para animala, quería dicirlle que o seu revés era moi bo,
mais co meu inglés autodidacta utilizaba a palabra “backside” (cu) no canto de
“backhand”, e non paraba de dicirlle que o seu “backside” era de alucine, que o
tiña perfecto e que nunca vira nada mellor. Máis tarde, entre risos,
confesábame que ao principio pensou que os españois eramos así de ligóns, pero
que, como insistía tanto, estivo a piques de saír correndo pensando que era un
violador en potencia ou algo así.
Non podo
acabar sen lembrar a miña amiga Leonor, unha investigadora portuguesa moi
brillante coa que compartín unhas charlas en Brasil. O portugués que falan en
Portugal é foneticamente moi complexo, mais o de Brasil é moito máis sinxelo, semellante
ao galego. Como Leonor ten un acento lisboeta moi pechado, en Brasil algúns a
entendían moi mal e pensaban que ela era a galega e eu, o portugués, o que a anoxaba
moito. O máximo foi no aeroporto, volvendo os dous, cando falando un co outro,
ela en portugués e eu en galego, a empregada que nos atendía díxonos en
perfecto inglés: «Síntoo, tiñan asentos de urxencia, pero téñolles que sentalos
atrás porque aí só poden ir os pasaxeiros cuxa lingua materna sexa o
portugués». Ela non dixo unha palabra, colleu os cartóns de embarque e despois
soltoume toda «chateada»: «Estes brasileiros ate não sabem que o português vem
de Portugal».
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)